Nos últimos anos, millóns e millóns de euros foron a acabar as mans das operadoras de telecomunicacións para poder ofrecer conexión de fibra de mais de 100MB. Estas axudas é un plan da unión Europea, que ven dirixido dende a Secretaría de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras dixitais.
Eu son parte "agraciada" por estes proxectos, eu vivo nun sitio onde en menos de 10 semanas debería ter conexión de Fibra óptica, pero o proxecto vai con moito atraso, tanto, que se me deu por facer seguimento.
Todo os anos, o estado saca un informe de zonas brancas e grises de internet, que marca onde debería terse fibra óptica, conexión 4G/5G, etc.. Esta cobertura é planificada a través de códigos de unidades poboacionais, un mecanismo do INE para referenciar as diferentes barrios. Unha unidade poboacional é una parte pequeda dun concello, estando xestionado tal que así:
36039030000:
- 36: Provincia(Pontevedra)
- 039: Concello (O Porriño)
- 03: Parroquia (Cans)
- 00000: Barrio(San esteban)
Os datos de unidades poboacionais, poden ser consultados na seguinte ligazón: https://www.ine.es/nomen2/index.do
Se queremos ver os datos de cobertura, tendo claro o número de unidade poboacional do noso interese, podemos ir a este informe e buscalo. https://avancedigital.mineco.gob.es/banda-ancha/zonas-blancas-NGA/Paginas/2021.aspx
Se nos vamos ao Concello de O Porriño, vemos que contamos con 141 unidades poboacionais distintas, e cada unha cun rango diferente de acceso a internet. Revisando os datos das axudas mencionadas, decateime, de que moitas unidades poboacionais inda non están co 100% de cobertura, cando si que eran parte de proxectos pasados. Estes proxectos afectan a case ao 50% da poboación do Porriño, quedando aquí os datos:
- Proxectos 2017: 11 Unidades poboacionais - 3332 habitantes.
- Proxectos 2018: 14 Unidades poboacionais - 1825 habitantes.
- Proxectos 2019: 58 Unidaes poboacionais - 3541 habitantes.
- Proxectos 2020: 1 Unidade poboacional - 169 Habitantes.
Quedando asi o mapa:
Se revisamos a cobertura do proxecto do 2017, 4 anos despois, temos os seguintes datos de cobertura de fibra óptica:
36039010100 ALBARÍN 28%
36039011200 PONTENOVA 56%
36039050200 CABADIÑA (A) 76%
36039051100 MADORRAS (AS) 74%
36039060700 CENTEÁNS 70%
36039061000 IGREXA (A) 59%
36039071000 SEQUEIRAS 92%
36039080200 CONTRASTO (O) 49%
36039080500 PEREIRA 87%
36039080600 RELBA (A) 100%
Os do 2018, inda son moito peores, 3 anos despois da concesión:
36039010500 CAVADAS (AS) 0%
36039010600 COVELO 0%
36039010700 EIDOS (OS) 71%
36039010800 GALEGOS (OS) 0%
36039010900 GUÍA 4%
36039011300 PORTELA DE SOUTO (A) 55%
36039011400 REAL (O) 0%
36039011500 ROCHA (A) 0%
36039011600 TORRE (A) 15%
36039051000 LEVADA (A) 24%
36039070100 AVISEIRO 0%
36039070200 CARRACIDO 15%
36039080300 MOTA (A) 0%
36039080400 NOVAL (O) 26%
Dende as administracións as respostas son dispares. Dende o concello que é algo externo a eles, que están fora de plazo como calquera outra subvención. Dende a Xunta (AMTega) que nada poden facer, dado que é algo do ministerio, e dende a secretaria do ministerio, so me comentaron que o proxecto(do 2019) esta en fase de replánteo, salvo unha unidade poboacional que estaba lista.
Por outra parte para as operadoras, é moi bo negocio, as conexións de ADSL son moito mais caras, agora xa non podes ter ofertas, e para eles é un método extra de incrementar os seus balances.
Dende mediados do 2019 levo buscando respostas sobre isto, pero por moito que intento encontralas, non acabo de ser capaz de saber os estados do proxectos. Pero tamén, o 50% do municipio de Porriño, leva con unha conexión de baixa calidade, sen ter maior interese por ningunha administración.
E cales son os datos destes proxectos?
Todos os proxectos poden descargarse aquí:
Os datos económicos dende o 2017 ata o 2020 son os seguintes:
Razón social | Sum - Ayuda | Sum - Subvención |
---|---|---|
TELEFONICA DE ESPAÑA, S.A. | 332,567,788.84 | 64,183,395.10 |
ADAMO TELECOM IBERIA SA | 77,743,641.41 | 12,190,982.86 |
ORANGE ESPAÑA COMUNICACIONES FIJAS S.L.U. | 19,368,679.62 | 6,769,579.47 |
MASMOVIL BROADBAND S.A.UNIPERSONAL | 11,325,413.77 | 3,175,688.55 |
R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A. | 7,963,322.46 | 1,917,170.03 |
OPERADORA IBERICA DE REDES Y SERVICIOS DE TELECOMUNICACIONES S.L. | 3,906,035.00 | 694,894.10 |
ANTENAS Y SISTEMAS DE COMUNICACIONES, S.L | 3,613,124.00 | 353,445.18 |
FIBRA MEDIOS TELECOM S.L. | 3,547,456.56 | 347,687.16 |
TELECABLE DE ASTURIAS, S.A | 1,732,347.07 | 314,361.54 |
Esta é soamente a lista de operadoras por encima do 1M en axudas.
Os datos de unidades poboacionais (2017-2020) con fibra os seguintes:
- 2017: 2378 Unidades poboacionais.
- 2018: 4345 Unidades poboacionais.
- 2019: 13.190 Unidades poboacionais.
- 2020: 10356 Uniades poboacionais.
Como se pinta no mapa:
Unha grata sorpresa é o catalogo de GIS da Xunta de Galicia, con moita información e cun sistema de busca moi sinxelo.
https://xeocatalogo.xunta.gal/xeocatalogo/srv/glg/catalog.search#/home http://mapas.xunta.gal/centro-de-descargas
Unha ferramenta descoñecida para min, pero moi útil en diferentes ámbitos.No que traballar con GeoJson, para alguén que non se dedica a GIS e moi sinxelo.
Onde queixarse?
Na web do ministerio é a mellor forma, a traves dos seguinte ligazón. https://sede.serviciosmin.gob.es/es-es/procedimientoselectronicos/Paginas/detalle-procedimientos.aspx?IdProcedimiento=176
Inda que moitos concellos, xa se queixan eles. Exemplo 1 Exemplo 2