Sempre que escoito que en Galicia non contamos con talento, dánme ganas de pegar, non por que sexa agresivo, se non por quen fala nunca se parou a analizar os datos cun pouco de precisión, e van sacando as ganas a pouca xente que as ten.
Moitos dos que me coñecen saben que eu sempre estiven vinculado aos rallyes, un deporte que me namorou nos 90 no norte de Portugal, e que dende aquela nunca puiden deixar. Pero este artigo falaba de bocachanclas, e nos rallyes temos varios.
Fai dous anos Toyota MotorSport anunciou un novo programa dentro da máxima categoría dos Rallyes (WRC), esta nova infraestrutura deixaba as instalacións de Toyota en Alemania, e movíase as instalacións de Tommi Makinen Racing, en Finlandia. Todo o mundo dicía que era unha loucura, ninguén confiaba nos enxeñeiros finlandeses, e dende a prensa española xa se matou o proxecto antes de que arrancara. E mais, o ano pasado despois do Rally Finlandia, Pipo Lopez (experto no mundo dos rallyes) escribía o seguinte:
Un proyecto que ha perdido al director técnico, Michael Zotos, que ha tomado las de Villadiego. Hay dos teorías: que ha dejado el equipo por desavenencias con Makinen, y que lo ha hecho por cuestiones familiares, ya que para cualquier extranjero vivir en Finlandia no resulta nada fácil. Cualquiera de los dos motivos corrobora que no se están haciendo bien las cosas. Todos advertimos que montar la sede en Finlandia era un error, logísticamente, porque están lejos de los lugares de los test y de los proveedores, y a la hora de contratar gente, porque pocos extranjeros quieren ir a vivir a Finlandia, un país precioso, pero en el que la mitad del año es siempre de noche y está todo helado, la otra mitad es siempre de día, y, por ejemplo, no hay colegios internacionales, por lo que nadie con hijos quiere trasladarse allí (amén de su complicado idioma, que no habla casi nadie).
Los últimos rumores hablan de que los pilotos para el debut en 2017 serán Juho Hanninen y Esapekka Lappi. Dos grandísimos pilotos, pero no de primer nivel. Además, entiendo que el mercado finlandés no es el más importante para la marca, y centrarlo todo en el país nórdico no va a ser muy rentable comercialmente hablando. Y también cuentan que los tiempos de Makinen, que está compartiendo las labores de piloto probador con Hanninen, son tres segundos por kilómetro más lentos, con lo que poco puede aportar para el desarrollo del coche. Lo que nos da pena a todos es que el regreso de Toyota es una gran noticia para la familia del Mundial, y tal y como se están desarrollando las cosas, parece que podrían estrellarse…y eso no es bueno para nadie. ¡Ojalá se enderecen!
Pois xa me gustaría ter o nivel de fracaso de Toyota! O novo equipo tivo a sorte de fichar a un dos mellores pilotos, e coa súa axuda e poucos retoques conseguiron ter un coche moi competitivo, tanto que gañaron o segundo rally do ano. Un ano despois, un piloto que non era de primeiro nivel, gañou o seu primeiro rally do mundial, despois de soamente catro rallyes na máxima categoría, e con tan só 26 anos. A verdade que a min xa me gustaría fracasar así. Cabe salientar, que a día de hoxe, o equipo funciona moito mellor que o equipo de Citroen, e tivo moito mellor arranque que o proxecto Alemán de Hyundai ou do proxecto inglés de Mini.
To win in Finland requires not only incredible driving skills, but bravery too. @EsapekkaLappi, congratulations! #WRC pic.twitter.com/G5V5mKOpeB
— Evan Rothman (@Evan_Rothman) 31 de julio de 2017
Quen me dera que Galicia tivera xente como Tommi Makinen, un tipo con ambición para exportar o seu traballo a todo o mundo, un proxecto que unha persoa levou a unha zona “remota, pobre e sen talento”, pero que demostrou que moitas veces fai mais falla fouteza, que estrelas. Teño claro que as estrelas brillan de vez en cando, pero que o orgullo que representa para todo o equipo, que dende a remota Finlandia poder estar de ti a ti, co equipo de Alemáns e moi por riba dos parisinos vale moito mais que poder fichar a estrelas que igual non son capaces de render ao 100%.
Un bo amigo, sempre me di: Eloy, que un proxecto que empeza en San Francisco ou Galicia ten o mesmo punto de partida, o acceso a tecnoloxía e a información é o mesmo, e non poñas esa desculpa por que non é válida. No mundo dos rallyes, catro equipos disputan a máxima categoría, a min encántame ver que un equipo esta situado nunha zona remota de Inglaterra, na que ningunha estrela quere estar, outro equipo en Finlandia. Que pena me queda que un deses equipos non este no Norte de Portugal, berce de moitos enxeñeiros destes equipos.
Oxalá, Luis Moya encabezara un proxecto así en Galicia. Oxalá, un día Juan López Frade, director de Suzuki, se embarcara nun proxecto de coche de rallyes eléctrico, dirixido por Luis Moya e feito en ARVidal. Un proxecto que estimule o potencial dos enxeñeiros galegos.
Finalmente, se algo me queda claro e que este é un pais de bocachanclas en todos os aspectos. Fai dous anos sentado nun despacho, propuxen que se lanzaran contactos polo centro de innovación marítima de Roll’s Royce, a resposta foi que Roll’s Royce era unha empresa en quebra, poucos meses despois inverteron 230 millóns de euros en Finlandia. Levo meses falando de promover un sistema que os contedores poidan ser descargados nas augas tranquilas das rías galegas, sempre me din que é imposible, pero os escandinavos xa traballan niso. Por outra parte carecemos de talento, pero este ano, todas as charlas de Vigolabs foron unha explicación de toda a tecnoloxía dos coches de Tesla.
Iso si, estou seguro que se Galicia fora un barrio de Madrid, ou unha rexión alemá, todo se podería facer. Pero estamos no fin do mundo, e aquí o talento non chega, grazas a deus, a conexión a internet, mal, pero algo chega.
Quédome contento por ver como os finlandeses de Jyväskylä demostran que moitas veces so fan falla vontade e bo facer, o resto ven só.