A Calustra - Eloy Coto Pereiro Home About Books

Reflexión sobre a xestión e prioridades na Industriosa

on

A Industriosa é un espazo único que moitos apreciamos profundamente. Durante os seus sete anos de existencia, evolucionou grazas ao esforzo colectivo dos socios, pasando por diferentes etapas que deixaron a súa marca. Neste contexto, gustaríame compartir algunhas reflexións persoais sobre a situación actual, sempre co obxectivo de mellorar e fortalecer a nosa comunidade.

Socios e orzamento

Agora mesmo a Industriosa anda entre os 60 ou 70 socios(Polos que estamos no grupo do Telegram), isto da que o orzamento da Industriosa está entre os 9.600€ ata os 11.200€. Cantidade de socios por unha cota de 160€ anual. Partimos de que o orzamento anual, andará en torno os 10.000€. Esta a parte da PulpoCon, que é un orzamento aparte, e a asociación só serve como entidade legal para xestionar patrocinios, entradas e facturas, pero o resultado é de sumar cero ao orzamento anual da Industriosa.

Axudas públicas:

A Industriosa leva varios anos recibindo unha subvención pública por parte da AMTEGA, esta subvención ten unha finalidade de fomentar o software libre. Dende o meu punto de vista, está correcto, a verdade que a subvención parece acorde aos valores da Industriosa.

As últimas subvencións foron as seguintes:

Parece que a subvencións están en torno ao 50% do presuposto actual da Industriosa. Parece acorde, ten sentido cos valores da asociación, e moitas asociacións amigas teñen estas axudas.

Que opinas? Con contribucións dos socios e unha axuda que representa un 50% do orzamento, parecería suficiente, non? Porén, a actual directiva parece ter unha visión diferente. Tamén se solicitou unha axuda pública ao Concello de Vigo, resultando en 9469€. Inicialmente, esta noticia resultoume positiva, pero ao analizar os detalles, deixoume con algunhas dúbidas.

A axuda pública é polo seguinte:

As bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do emprego mediante proxectos relacionados coa investigación, a innovación e o emprego

Preguntome eu, axuda a investigación e innovación, a situación na nosa asociación non parece tan clara como a promesa. En canto ao emprego, na miña opinión, nun lugar onde eu creo que todos traballan, resulta razoable pensar que os salarios medios deberían estar por riba dos 40.000 € brutos anuais. Aínda máis, tamén me gustaría ver un esforzo máis decidido para incorporar a persoas desempregadas, algo que realmente debería ser unha das prioridades da asociación, se buscamos fomentar o verdadeiro obxectivo da axuda económica.

Vamos a ver a quen lle "quitamos" cartos, e aquí veñen as miñas queixas:

  • Uvigo Motorsport, pediu 15.000€ (Máximo) tivo 10723€.
  • Clean Energy Ship Vigo, pediu 15.000€ (Máximo) tivo 10723€.

Pensemos, vamos a ver os proxectos de innovación:

Uvigo Motorsport (Link a foto):

Uvigo motorsport

Clean Energy Ship (Link o proxecto)

A Industriosa

A Industriosa A Industriosa

Sinto, pero resulta complexo entender que unha asociación composta maioritariamente por persoas cunha estabilidade laboral compita polas mesmas subvencións que rapaces que están construíndo o seu futuro. Estes mozos, que levan o nome de Vigo por toda Europa con proxectos cheos de ilusión, dedicación e esforzo, deberían contar co maior apoio posible. Non deberíamos restarlles recursos nin dificultar o seu camiño só para almacenar ferramentas na Industriosa. Quizais o verdadeiro drama é que a Industriosa non sexa un referente para proxectos como estes nin atraia máis estudantes da UVigo ao noso espazo. Iso debería facernos reflexionar, non pode ser, que A Industriosa esté, dende o meu punto de vista, poñéndolle paos a unha xeneración máis nova, sinto, eu por ahí non vou predicar.

Se os socios da Industriosa desexan ampliar o equipamento dispoñible, quizais sería máis axeitado buscar axudas específicas ou nominativas que se adapten mellor ás nosas necesidades. Nesta ocasión, sinceramente, vexo pouca relación coa investigación, a innovación ou o fomento do emprego que se supón que estas subvencións deberían apoiar. Ademais, teño certas dúbidas respecto aos gastos presentados, especialmente no que se refire ao alugueiro, estando nesa tempada o aluguer exento dado que se contou cunha carencia de seis meses no novo local.

Inda se pediron 25.000 € mais de outra axuda, pero esta vez foi denegada.

A Industriosa servizos educativos

Dende os primeiros días da Industriosa, había socios que soñaban con ampliar horizontes, incluso propoñendo ideas como 'A Industriosa servizos educativos'. Agora parece que algunhas destas ideas están a tomar forma. A directiva actual está a implicarse en proxectos como o FabAcademy, ofrecendo titorías, clases e formación. Isto é algo positivo se encaixa coa misión da asociación, pero tamén me xorden preguntas: ata que punto estas actividades están alineadas cos intereses e necesidades dos socios? Que beneficio aporta ao socio? Estamos mantendo un equilibrio adecuado entre os servizos externos e o benestar da comunidade interna? Custame entender como para o FabAcademy temos apertura de 20 horas semanais, pero hoxe en día, un socio non sabe se o sábado se abre as 10 ou as 11. A quen se debe a asociación?

Tamén creo que sería beneficioso contar con maior transparencia sobre estas iniciativas, como a súa planificación e impacto na asociación. Por exemplo, recentemente enviei un correo preguntando sobre este tema e aínda non recibín resposta. Entendo que xestionar estas actividades pode ser esixente, pero quizais un enfoque máis participativo podería axudar a resolver dúbidas e reforzar a confianza na directiva, mais, cando a única resposta aparente foi adiantar a asamblea dous dias antes de iniciar o FabAcademy.

Reflexión sobre a xestión

Na miña opinión, a xestión actual da presidencia na Industriosa reflicte certos elementos que invitan á reflexión. É evidente que se está a traballar moito e que hai unha clara disposición a axudar en moitas ocasións, o que é de agradecer. Con todo, tamén percibo que, en ocasións, pode faltar claridade na comunicación e xorden situacións que poderían xerar malentendidos ou descontento, que moitas veces penso que buscando unha certa confrontación ou descrédito dalgúns socios.

Tamén sería importante mellorar a comunicación, facendo que sexa máis directa e menos ambigua. Cando se solicitan tarefas ou accións, sería útil dar indicacións claras e precisas para evitar posibles confusións ou interpretacións erróneas. A súa vez, debería promoverse un ambiente no que os problemas se aborden de forma aberta cos socios, sen que se trate de maneira indirecta ou detrás das súas espaldas, xa que isto pode afectar a percepción de xustiza e de respeto entre todos os membros da asociación, mais cando se fai dende a dirección da asociación.

Outro aspecto que creo relevante é a dirección que está a tomar a asociación en canto ás súas prioridades. É evidente que se está a apostar por unha Industriosa orientada cara aos servizos e financiamento estatal, pero pregúntome se estamos conseguindo manter o equilibrio coa esencia dunha asociación viva e centrada en fomentar a colaboración, a innovación e o espírito comunitario. Podería facerse mañá unha hackathon Sanjurjo Badía, ou nova conferencia tipo PulpoCon con soporte da asociación?

Por exemplo, a recente convocatoria de proxectos, ter unha casilla que sexa sobre a propiedade intelectual dos proxectos financiados na asociación pode ser unha oportunidade para reflexionar sobre canta burocracia queremos ter na Industriosa.

En definitiva, o meu desexo é que a Industriosa continúe sendo un espazo de referencia, onde cada socio se sinta valorado e no que as decisións se tomen pensando no ben común e no futuro da asociación como unha comunidade unida, non nos intereses que poida ter a directiva.

Longbets!

Encántame os longbets, a miña visión persoal ca Industriosa é a seguinte:

  • 2025:
    • Pulpocon xa non se vai organizar baixo o paraguas da Industriosa. (Inda que teño miñas dúbidas pola cantidade de facturas que se poden xustificar en axudas públicas)
    • Pediranse outra vez uns 15.000-20.000 de axudas públicas.
    • Pediranse o máximo de axudas públicas do Concello de Vigo.
    • Pasará algún político (Abel) pola Industriosa.
    • As actas de final de ano serán inda menos concisas.
  • 2026:
    • Pediranse unha subvención de Proxecto Europeo xunto con outros fablabs.
      • Probablemente venderiase como unha oportunidade de visibilidade europea.
    • Vaise buscar a maneira de expulsar socios, Xa sabedes a quen! Lento e con descrédito semanal :-)
    • Ansiada subvención de Zona Franca, algo tipo, "fomento de ideas empresariales"
    • Pillarase o local pegado, para facer unha Industriosa mais grande, e coworking.
    • O dos patrocinadores mecenas da Industriosa xa desaparecerán ou serán menos relevantes. Xa agora están o mesmo nivel que o logo de Fablab :facepalm:, e con iso parte da historia da Industriosa, e quen axudou a fundala.
    • Cambio nos estatutos, que aceptas que parte da propiedade intelectual dalgún proxecto iterado no taller vai ser da Industriosa.
  • 2027:
    • Venderase que o proxecto é moi grande, que será necesario contratar máis servizos e profesionais. Quen será o afortunado de estar en nómina? Deixarémolo para futuras suposicións.
    • A oferta de servizos poderá expandirse, incluso con plans de cursos ou colaboracións con universidades privadas.

Finalizando, algúns xa compartimos a mesma sensación de que non está completamente clara a visión ou os intereses do actual directiva. Moita xente está contenta co traballo que se está facendo, especialmente no que respecta ás infraestruturas, e iso é algo que agradezo profundamente. Con todo, tamén é importante expresar que non sempre comparto a maneira de xestionar certas cuestións, igual é a miña capacidade de anticiparse aos problemas. Levo trinta anos traballando en asociacións, e séntome na obriga de compartir a miña visión e as miñas inquietudes.

Na miña opinión, a Industriosa debería ser un espazo de cooperación e colaboración, onde todos podamos sumar e traballar xuntos. Non debería sentirse como se fose dirixido de maneira tan centralizada ou coas dinámicas que se observan noutros modelos tipo Opus dei ou fundacións politicas, entendendo que os socios somos diversos, e non sempre se opina como o equipo directivo. O espírito cooperativo debería ser a base, e a participación activa de todos, os socios e non socios, debería ser o motor principal.

Entendo que este correo pode ser incómodo para algúns e que quizais perda amizades por expresarme así, pero tamén creo que é importante que a miña ética e os meus principios me impulsen a sinalar cando algo non parece estar ben. Non podo evitar reflexionar sobre a situación cando observo que, mentres denuncio a un politico polas grandes cantidades de diñeiro, como en servizos de pistas de xeo, teño que denunciar as axudas que poderían non ser adecuadas ou necesarias en certos casos pola asociación que mais quero.

Creo que é necesario buscar un equilibrio entre o funcionamento interno da asociación e os seus obxectivos, para que todos nos sintamos parte dunha comunidade unida e con unha dirección clara que realmente beneficie a todos. Dende o meu punto de vista, a actual directiva non está nestas dinamicas.

Moita tristeza de ter que escribir isto. Apertas

PD: Seguramente isto acabará de que son un mentireiro, pero que casualidade, eu son coxo, e xa sabemos o refrán..

PD1: Se alguén anda cabreado comigo, falar comigo, que eu son un rapaz de falar as cousas home. Eu sempre digo as cousas a cara :-)

Tags

Related articles: