Co drama do ocurrido da Operación Morriña -e todo o que se montou despois- varias debilidades sairon a relucir no ámbito de Vigotech. O 12 de Setembro mandei un email a lista de organizadores con propstas claras de facer, o que para min, sería unha mellor organización.
Creo que sería bo que este email fora público, axudaría a entender o que pasou e as razóns polas que pasou, ao mesmo tempo, da visión do que pasa dentro de Vigotech.
Ao mesmo tempo, creo que é bo momento para desmarcarme totalmente de Vigotech. Quen me coñece sabe que son un rapaz con principios, que non me gusta errar, e que non me gusta ter que pedir perdón, gústame que a xente cando confía saiba que non vou cometer un erro.
Moitas foron as chamadas que tiven que responder por cousas que se fixeron na comunidade, dende Meetups que acabaron tarde, problemas de organización con espazos, tratar de defender o indefendible, e ver como non cuidamos de quen nos cuida.
Eu son dos que pensa: "quen non suma, resta!" Agora mesmo, en Vigotech resto, e segundo chegou a min, non pouco! O meu soño nunca foi molar na comunidade, -nesta ou en ámbito nacional-, meu soño sempre foi que este recuncho fora algo mellor, espero que o que fixen axudara.
Graciñas por todo.
Correo enviado a lista de organizadores, con formato para axudar a lectura.
Rapaces,
Fai uns días tivemos o drama da operación morriña, este drama creo que causou, e demostrou, unha certas debilidades como organización. Creo que agora, pasada a PulpoConf, deberíase ver como atallalas. Deixo unha serie de propostas que creo que son de interese para que faledes na seguinte reunión.
Ofertas de traballo, integración de empresas:
Foi un tema que se tocou, e que se falou, e no que se acordou que Vigotech non debería ter ningún tipo de colaboración, permiso para usar Vigotech en proxectos que tiveran un fin comercial.
Creo que despois da Operación Morriña todo cambia, un proxecto con fin económica, que inda que bonito - e ilusiónante- demostrou unha serie de problemas en como se ven as cousas dentro de Vigotech. Para min, o principal problema, dixémoslle a empresas amigas de todos os eventos de Vigo que non se podía, e un día -cunha forte campaña de publicidade- apareceu o logo nun sitio, que para min, non debería estar. Que agora esta -inda que estou en desacordo-, pero cun texto moito mais acertado que o inicial.
Eu son dos que pensa, que non hai nada mellor que ser querido na casa, e creo que as empresas -da casa- deberían ser queridas. Neses días, por un erro de comunicación, a miña impresión (e de algunha xente que se manifestou en privado), fallamos a quen no se lle tiña que fallar, aos que algún día confiaron en nós sen saber que iría a pasar con todos os nosos grupos.
Si, Vigotech non tiña acordos con empresas, pero todo o mundo fala coas mesmas empresas, e moitas delas, de forma recorrente, axudaron, de moitas e diferentes formas, non só falo de cartos.
Creo que unha boa forma de remedialo, e voltar ao que se falou das ofertas de traballo, e poder ofrecerlle as empresas un listado de ofertas de traballo de empresas “amigas de Vigotech”. Para facer este listado, pódense poñer unhas normas, eu propoño as seguintes:
- Para colgar a oferta en Vigotech, unha empresa ten que aportar antes a
comunidade, para aportar eu entendo que podemos falar das seguintes opcións:
- Opción de por unha oferta: Un empregado de esa empresa da unha charla (nalgúns dos grupos de Vigotech) nos últimos 6 meses. O prazo de validade da oferta remata ao cumprir os 6 meses da charla.
- Opción de por dúas ofertas: a empresa colabora economicamente cun evento, neste caso a oferta porase un mes antes do evento, e terá unha validez de dous meses.
Temos o drama das ofertas de traballo malas, creo que temos que ter unhas normas, para que non pase como pasou con xente que aportou unha oferta de traballo ao canal, e logo marchou do slack escaldada, para min as normas de poder publicar poden ser:
- Ten que ter un rango salarial.
- O rango salarial, non pode ser cunha diferencia mais grande do 20%, así evitamos as ofertas de 20-50K.
- A oferta ten que ter base en Vigo ou 40km a redonda.
- Ten que ter uns requisitos ben estipulados, que o comité pode validar. (Falarei mais tarde do comité)
- En temas de campañas de anuncios, eu creo que se pode facer o seguinte:
- Terá unha sección na web onde van aparecer todas.
- Un chío para cando se publique, nun horario normal.
- Unha mensaxe no canal xeral do slack de Vigotech.
Creo que con isto gañase nos seguintes puntos:
- As empresas, se queren, poden beneficiarse de Vigotech, están obrigadas a colaborar previamente, nos somos claros, isto ten que ser un win-win para todos.
- A comunidade sae beneficiada, se as ofertas teñen tirón, o final terase menos problema para encontrar charlas
- A oferta será mandada en formato PR a web de Vigotech, polo que non temos que traballar nesa parte. So en eliminalas.
- Os que dan as charlas poden pedir un referral na empresa, polo tanto saen gañando.
FAQ:
Eloy, a empresa XXX é unha cárnica, consultoría e non deberíamos publicar ofertas deles! Certo, a min as empresas cárnicas non me gustan, tampouco as axencias de emprego, pero aquí non falamos de que empresa X mole ou non, estamos falando de que somos neutrais e so teñen que colaborar con nos, que elas colaboraron con nós, e que importa é que eles tamén melloran o ecosistema, eu son dos que penso que todo se pode cambiar. Se alguén é capaz de aportar unha charla a Vigotech, esa empresa, inda que pode ser mala, algo xa esta cambiando.
Volvo a dicir, isto para min, estaba ben como estaba, pero ca entrada de operación morriña creo que un dos nosos fundamentos cambiou, e eu creo que se o fundamento cambiou, Vigotech ten que ver a capacidade de restauralo ou de facer do erro unha virtude.
Comite de dirección
Outra das cousas que quedou clara é que as decisións de Vigotech non son fáciles de tomar, moita xente cunha opinión e faixe moi difícil saber con quen contactar nun caso como o citado.
Eu teño claro que Vigotech non significa para todos o mesmo, para min é todas esas reunións nas empresas nas que eu falaba do bo que era Vigotech, para outras persoas poden ser a xente que viña as meetups que organizaba, para outros pode ser o bo traballo feito co deseño do logo, estou seguro que cada un ten un sentimento diferente.
Creo que vai sendo hora de que Vigotech teña un comité de dirección, que os que organizan podan elixir a catro representantes que se encarguen deste tipo de cousas, a miña idea é propoñer o proceso da CNCF, que elixe cada ano uns membros, e estes duran 2 anos, a idea sería tal que así:
2019: Novo comité formado por 4 persoas, 2 estarán dous anos, as outras un ano. 2020: Dúas persoas do comité teñen que saír, e dúas entran para dous anos. 2021: Os dous membros mais vellos marchan, e entran outros dous.
Desta forma conséguese que este comité poda tomar as decisións, tomar un acordo estas 4 persoas, e cando teñan unha resolución mandáselle un correo aos organizadores onde teñan que decidir si ou no, se é o número de negativos é superior ao 30% dos organizadores, entón tocará discutilo. Este prazo pode ser de 5 días laborais, polo que se non se vota ou non sae que non, pois dáselle para adiante a opción que o comité decida.
Como actuaría o comité?
Vou facer unha analoxía co pasado na Operación Morriña, non é ningún ataque a ninguén, e autocrítica. Cando chegou iso, segundo o que comentou Orestes era tal que así:
Con David hablé personalmente, y lo que le trasladé es: esto es cosa de todo VigoTech, lo hablamos en la lista de organizadores En la lista de organizadores decidimos que nos parecía bien apoyar la iniciativa, y que nuestro mensaje era. "Si te vuelves a Galicia, esto ya no es un desierto. Hay mucha comunidad, no estarás solo/a." El diff con el mensaje final ha sido: Parece que solo hablan de Coruña Parece que colaboramos con Corunet. En la web lo dice, que Corunet es solo la primera empresa, que es una iniciativa a la que se unirán mas. Esto no es lo que habíamos acordado. Ahora tenemos en la lista una propuesta para aclarar el texto, y podemos enviar el texto que nos dé la gana. Abramos hilo para discutir el texto en concreto aquí
O comité nesta situación debería pensar:
Cal é o beneficio de Vigotech?
O retorno de galegos, poñer en valor esta terra e dicir que non están sós.
Cal é o fin de David Bonilla/Corunet?:
Claramente a inversión para facer unha boa campaña para que Corunet e Manfred poidan fichar, na que os dous queren poñer ofertas de traballo. Teñen intención de facelo global? si, cal é o primeiro obxectivo? que a campaña atraia talento a Corunet.
Como o mirara a comunidade? ben, todo o mundo ten amigos fora, estou seguro que algunha xente queres que volva!
Como se poden sentir as empresas que colaboraron cos grupos de Vigotech?
Neste caso as empresas comentóuselles que ningunha relación directa coas empresas, tampouco as ofertas de traballo, igual isto levanta un fundamento de Vigotech e alguén pode sentirse molesto. O mesmo a ver un logo de Vigotech nunha landing dunha empresa, etc..
Unha vez feito este traballo(polo comité), e valorando que gaña e perde Vigotech(Como marca), o que propón, a comunidade de desenvolvedores, e as empresas que colaboraron, pódese facer un resume e mandalo os organizadores, eles poden ratificar o denegar a decisión do comité.
O final, isto solucionaría os seguintes problemas:
David Bonilla sentiuse atacado por min, volvo a dicilo, foi mais tristeza por fallar aos nosos que ataque. Se temos un comité de dirección, se alguén ten dubidas sabe que hai catro persoas as que contactar antes de dar un paso en falso, volvo a dicilo, tiña que facer unhas chamadas antes de por o chío, pero a tristeza actúa así :-(
Claramente díxose si, igual pecouse de pouca visión crítica e logo co texto inicial todo era unha mala mensaxe, deuse un paso en falso e logo volveuse atrás. Neste caso temos un marco no que pensar para toda a comunidade, que entendo axudará para que este tipo de situacións non volvan suceder.
Cónstame, que a comunicación durante o proceso foi malo, moita xente, etc.. con comité todo é mais rápido e sinxelo para todos, pero se te chega unha landing o sábado pola tarde de Agosto pouco se iba a solucionar...
Eu creo que é un paso natural facer algo deste estilo. E volvo a dicir, isto non é un ataque a ninguén, colectivamente fallouse e isto é o que temos que valorar, que faga a analoxía co que pasou non significa que teña ningún tipo de rancor polo sucedido, eu fun o primeiro que fallei! inda que continuo pensando que o erro do mensaxe por parte de Manfred foi claro, e a resposta dada, non foi respectuosa, eu non fun o único que quedou cabreado co asunto, quizais o único que alzou a voz.
Comparte-VigoTech
Unha das cousas que mais me molaba en Isovalent era que os xoves tiñamos unha sesión que lle chamabamos isoshare, eran 30 min de chamada na que uns falabamos de tecnoloxía, algún update de clientes ou tips varios.
Creo que podemos exportar iso a facer unha videoCall unha mañá cada 15 días na que a xente poida comentar cousas de tecnoloxía, o último de WASM, un update en Kubernetes, etc.. Algo que se todo o mundo fai en remoto pode coller certa tracción, eu creo que a única condición que poño é que non se poñan despois no Youtube, ao final o importante é que a xente se una e pregunte. Isto podemos velo, pero se queredes eu podo ver a opción de lideralo os primeiros meses ata que colla algo de tracción.
E isto é todos rapaces, volvo dicilo, non é ningún ataque a ningunha persoa polo pasado. Ao final, creo que se fallou por moitos lados, eu creo que disto só podemos aprender!
PS: No meu caso, ademais de aprender, tamén levo unha ducia de horas de risas a conta de que son un minifundista, creo que non recordo pásalo tan ben en moito tempo :-)
Cañas cando queirades :D
Apertas!
Fin do correo, espero que a todo o mundo lle quede claro o que pasou.