Quen me coñece sabe que ultimamente so falo de tecnoloxía orientada ao mar. Xa escribín os motivos neste artigo de praza.gal. Aproveitando o final de ano fixen unha nova revisión de empresas tecnolóxicas galegas orientadas a tecnoloxía no mar. Un traballo que fixera o ano pasado pra preparar a Hackathon Sanjurjo Badía e que cría conveniente volver a revisar. Os datos, dende o meu punto de vista, creo que son mellores e esperanzadores. Ademais, gustaríame que este artigo dera visión deste tipo de empresas, moitas veces, descoñecidas.
A punta de lanza, sen ningunha dúbida, segue sendo Marine Instruments. Cunha facturación cércana aos 40 millóns de euros, e mais de un centenar traballadores, están en pleno proceso de diversificación, con proxectos de tanto interesante como o dron pra detectar bancos de atúns ou o unha cámara pra contribuír a pesca sostible. Un dez pra eles! Son un unicornio galego en tecnoloxía, e dende o meu punto de vista, unha das empresas con mais futuro da cidade.
Seguindo co peixe, temos que destacar a empresa MarexiTech. A viguesa esta usando tecnoloxía punta pra varios dos seus produtos. O seu último produto baséase na loita contra o Anisakis, aportando unha solución moi interesante pra varios puntos da cadena alimentaria, cómpre destacar este artigo do periódico El Pais. En Nigrán, tamén esta a empresa Ocean Vision, que subministra solucións pra a mellora continua nas granxas acuicolas, un sector, case non exprotado na Galicia, pero que pode ser un piar moi forte pra economía Galega na próxima década.
Nos inicios de decembro, botouse, o que pra mín, é un dos proxectos mais innovadores deste 2016. A viguesa Industrias Ferri, fabricou o dron mais grande de Europa pra o rescate rápido, e vixilancia marítima. Este é un enorme caso de éxito! Primeiro: demostra como unha empresa metalúrxica pode ser moi innovadora da man da tecnoloxía e a universidade, pra continuar, este dron pon en releve a transversalidade de sistemas usados na automoción ou aviación no sector marítimo.
Llegó el día! Hoy botamos el primer no tripulado marino!! pic.twitter.com/hdJ1cTMCrA
— Industrias FERRI (@IndustriasFERRI) 1 de diciembre de 2016
En termos de enerxías renovables tamén se pode falar de melloría. Ademais do proxecto moi avanzado de Magallanes Renovables, neste ano tamén se iniciou un proxecto dende a Universidade de Vigo, life-demowave, pra aproveitar a enerxía das correntes mariñas. Este proxecto será finalizado no 2018, e temos que poñer en relevancia que existen varias empresas privadas involucradas (ACSM, Grupo Josmar). En canto ao futuro deste tipo de enerxía, teño o presentimento de que crecerá dunha forma exponencial, despois do paquete de 110 Billóns de euros promovidos por parte da comunidade europea ata o 2021.
No ámbito portuario, os puntos de innovación son mais versátiles, dado a que se involucra opcións terrestres. A axencia Portuaria de Vigo esta levando a cabo un conxunto de proxectos de innovación chamado Blue-growth. Este plan implica a mellora da eficiencia en varias áreas. Neste último ano tamen se poden salientar os últimos proxectos de I+D da empresa tecnolóxica Imatia, eles actualmente contan cun equipo adicado a un proxecto de vehículos autónomos pra a carga e descarga en terminais RO-RO. Por outra parte, a viguesa Ibercisa despregou un sistema revolucionario de atraque pra condicións adversas nun dos maiores portos de Latinoamérica, actualmente encontrase en negociacións de imprementalo en mais portos. Pra rematar, nos temas portuarios, Kaleido Logistics, que inda que é unha empresa loxística, esta levando a cabo unha aceleración de startups, con moita base tecnolóxica, que favorece a este ecosistema. Ademais, eles mesmos, están impremtando tecnoloxía blockchain, neste caso, pra os seus procesos internos.
Grande como siempre Xoan Martinez de @KALEIDOLogistic contando en @circulogalicia su experiencia con #Blockchain aplicado en la #logística pic.twitter.com/oxoSoMVwEI
— Roberto P. Marijuán (@robervigo) December 1, 2016
O futuro, a curto prazo, parece que será mellor. Todo indica que o Porto de Vigo vai lanzar unha aceleradora de startups no 2017, seguindo o modelo de ViaVigo e BFAuto. Astilleros Cardama esta traballando en varios proxectos de I+D con moita base tecnolóxica. Por outra parte o CETMAR (Centro tecnolóxico Mariño) segue sendo ese partner perfecto pra todos estas startups que empezan neste mundo.
O número de empresas locais con base tecnolóxica marítima esta crecendo. Estou seguro que falta algunha, que non coñezo, e non están aquí citadas. Creo que é hora de que os case 8.000 millóns de euros que xera o Mar en Galicia (Informe Ardan 2016) se poidan investir en innovación galega. Igual é o momento de que dende as instucións teñan un plan de promoción de "Vigo/Galicia capital tecnolóxica do mar", que dende o meu punto de vista, debería consistir nos seguintes temas:
- Unha plan estratéxico pra fomentar a marca internacionalmente.
- Unha universidade que xere mais proxectos coas carreiras de Industrias(Materiais), TI (Electrónica e comunicacións) e Bioloxía & campus do mar.E fomentar a creación de equipos multi-disciplinares pra fomentar novas ideas.
- A promoción dun Medialab urbano pra a promoción de proxectos e que sirva pra prototipar proxectos de forma transversal. E ao mesmo tempo dar cabida a proxectos como UVigo Motorsport
- Plan de promoción pra que estas empresas estean presentes en Navalia e Conxemar.
- Crear un Máster Universitario relacionado ca tecnoloxía do mar pra reter e atraer talento.
- Empezar o estudo pra traer a Vigo a Oceanology (Feira tecnolóxica do mar) nun futuro proximo.
- Facer unha conferencia adicada aos técnicos sobre a tecnoloxía aplicable ao mar (Sonars, comunicacións satélites, conexións de radio, acústica, materiais, deseño).
Esta é o meu resume do 2016. Oxalá poida publicar un novo artigo no 2017, no que poida por en valor novos proxectos, novas ideas. Que o MediaLab se faga realidade, poder escribir que a universidade colabora estreitamente cas asociacións tecnolóxicas de Vigo (PhpVigo, Python Vigo, Vigolabs, GDG Vigo,etc..), poder resaltar a colaboración da axencia portuaria con Vigolabs, que axude a educar sobre o mar a todos eses técnicos. E en definitiva, que o 2017 poda escribir que moitos dos galegos volveron por un proxecto ilusiónante, que é converter Galicia en capital tecnolóxica do mar.
Tamén me gustaría poder escribir sobre a finalización do minifundismo empresarial Galego. Por desgraza, existen moitas empresas galegas con menos de 10 traballadores. É esencial que estas empresas crezan por enriba da media centea, pra de verdade poderse adicar a innovación e reducir a competencia entre nós. En galicia, temos demasiados medos as unións, xa se esas unións foran entre empresas tecnolóxicas e metalúrxicas; sería unha detonación enorme que levaría a cidade a un éxito rotundo.